VII LIGA ABANCA DE CATEGORÍA MENORES – FASE FINAL (sábado 22 decembro, Ourense)

Dous equipos do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA clasificados para a FASE FINAL da VII LIGA GALEGA ABANCA DE CATEGORÍAS MENORES, que terá lugar o próximo sábado 22 de decembro, en horario de mañá e de tarde, nas mesmas instalacións ca Fase Clasificatoria, a Pista Cuberta de Ourense (Expourense).

Esta mañá espertamos coa noticia de que os equipos SUB12 feminino e SUB14 masculino clasificáranse logo da participación o pasado sábado na Fase Clasificatoria, xunto cos compañeiros da localidade ourensá. Tras unha participación excelente e o debut da gran parte dos equipos SUB12 e SUB14, non podemos estar máis ilusionados por coñecer que dous deles conseguiron o pase á final da vindeira fin de semana, na que se reúnen os tres mellores de cada fase previa e os cinco coa mellor puntuación nun encontro virtual a nivel galego.

Polo tanto, tocaranos viaxar de novo ata a provincia de Ourense a loitar polo triunfo, dando o mellor de nós e desfrutando da xornada, ademais de fortalecendo a unión como equipo que tanto se fomenta neste tipo de probas colectivas nas que os/as atletas experimentan a convivencia e a cooperación, cunha dose de competitividade en estado puro.

Deixamos aquí os demais equipos que participarán nesta Fase Final e algunhas imaxes da xornada, que estarán dispoñibles proximamente, ademais do enlace para seguir os RESULTADOS EN DIRECTO O SÁBADO!!

👉 Horario 👉 Horario cámara de chamadas

A plan de viaxe actualizarase nesta mesma páxina a finais da semana, unha vez recibidas todas as confirmacións. Se aínda non o fixeches, confirma xa a túa participación para esta Fase Final a través da imaxe posterior (cubrindo o formulario). Tes de prazo límite ata o mércores 19 de decembro ás 22:00 horas!!

(➤Revisa aquí a túa confirmación)

NORABOA A TODOS OS EQUIPOS QUE PARTICIPARON E MOITA SORTE O VINDEIRO SÁBADO 22!