COVID-19 | MEDIDAS PARA A PRÁCTICA DE ACTIVIDADE DEPORTIVA

Aquí atoparás toda a información completa vinculada á práctica da actividade deportiva federada no contexto actual da COVID-19, actualizada segundo as últimas publicacións que se recollan no Diario Oficial de Galicia e outros órganos institucionais vencellados ao atletismo no Concello de Lugo.

(Última actualización: 18 febreiro 2021)

[modificacións en azul]

ÍNDICE

▸ Restricións xerais para Galicia

▸ Obrigas xerais para a prevención de contaxio

▸ Medidas xerais de hixiene e prevención

▸ Medidas específicas para a actividade deportiva NON FEDERADA

▸ Medidas específicas para a actividade deportiva FEDERADA

          ▹ Adestramentos

          ▹ Uso de máscara

          ▹ Uso de instalacións deportivas

          ▹ Práctica de adestramentos noutros espazos

          ▹ Competicións

          ▹ Desprazamentos


▸RESTRICIÓNS XERAIS PARA GALICIA

    • Quedan restrinxidas a entrada e saída de persoas do ámbito territorial de cada un dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, considerados individualmente (a excepción dos desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos motivos recollidos no número 2 do punto Primeiro do Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro).
    • Quedan limitados os grupos de persoas en espazos de uso público ou privado, tanto pechados como ao aire libre, aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes (a excepción dos supostos recollidos no número 2 do punto Segundo do Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro).
    • Queda limitada a mobilidade nocturna en toda a Comunidade Autónoma de Galicia durante o período comprendido entre as 22:00 e as 6:00 horas (agás para a realización das actividades recollidas no punto Cuarto do Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro).
    • Queda limitada temporalmente a entrada e saída de persoas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia entre o día 17 de febreiro e o 3 de marzo (a excepción dos desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos motivos recollidos no número 2 do punto Primeiro do Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro).

 

▸OBRIGAS XERAIS PARA A PREVENCIÓN DE CONTAXIO

    • Todas e todos os cidadáns deben cumprir o deber de cautela e protección ante a COVID-19, adoptando as medidas necesarias para evitar os riscos de propagación do virus, así como a propia exposición aos riscos.
    • Toda persoa que experimente algún dos síntomas compatibles coa COVID-19 (febre, calafríos, tose, sensación de falta de aire, diminución do olfacto e do gusto, dor de gorxa, dores musculares, dor de cabeza, debilidade xeral, diarrea ou vómitos), debe permanecer no seu domicilio e comunicalo ao servizo sanitario o antes posible.
    • Toda persoa que se considere caso sospeitoso ou probable de infección polo virus SARS-CoV-2, estea pendiente dos resultados de probas diagnósticas, sexa contacto estreito dun caso sospeitoso (probable ou confirmado), debe realizar o illamento ou corentena que lles sexa indicado polos servizos sanitarios.
    • Deben respectarse as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias, isto é:
      • Manter a distancia de seguridade interpersoal de, polo menos, 1’5 metros ou, na súa falta, medidas alternativas de protección física (en movemento, esta distancia debe ser superior).
      • Utilizar obrigatoriamente a máscara, aínda que se poida manter a distancia de seguridade interpersoal. Esta obriga é esixible en todo momento durante a realización da práctica deportiva individual ao aire libre.

 

▸MEDIDAS XERAIS DE HIXIENE E PREVENCIÓN

    • Debe empregarse o xel hidroalcohólico ou desinfectante con carácter previo e posterior á entrada no local do Club.
    • Debe utilizarse o desinfectante con carácter previo e posterior ao uso do material deportivo, especialmente o que se comparta durante os adestramentos.
    • Tras a limpeza, os materiais empregados para a desinfección (papel, guantes) desbotaranse de xeito seguro na papeleira dispoñible.

Na entrada do local do Club, está habilitada unha zona con produtos de hixiene e desinfección á vosa disposición, de obrigado cumprimento para garantir a protección e seguridade de todos/as.

 

▸MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA A ACTIVIDADE DEPORTIVA NON FEDERADA

    • Só poden realizarse ao aire libre ou en instalacións deportivas ao aire libre, de forma individual ou con persoas conviventes (a excepción das persoas con algunha diversidade funcional que requiran de guía ou persoa de apoio) e coa utilización de máscara en todo momento durante a realización da práctica deportiva.
    • Deben respectarse as restricións perimetrais establecidas para cada un dos Concellos de Galicia, así como as limitacións de circulación en horario nocturno (entre as 22:00 e as 6:00 horas).

 

▸MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA A ACTIVIDADE DEPORTIVA FEDERADA

          ▹ADESTRAMENTOS

  • A nivel autonómico (Galicia):
    • Poden desenvolverse sempre que se axusten aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados.
    • Quedan exceptuados das restricións (limitacións perimetrais e circulación en horario nocturno) os desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se realicen para adestrar ou participar en competicións de ámbito federado (sempre que o adestramento estea vinculado a nunha competición que teña lugar nas catro semanas próximas) NOTA: No caso de que a FGA considere que este prazo é insuficiente para que o equipo/deportista prepare esa competición, deberá solicitar a súa autorización á Secretaría Xeral para o Deporte.
      • A persoa que se desprace debe portar, durante o desprazamento, un certificado emitido polo Club ou FGA cos seus datos persoais, lugar e horario do adestramento. (NOTA: no caso de certificacións emitidas polos clubs, estes deberán comunicar á FGA un listado dos mesmos, a efectos de seguimento e verificación por parte destas. As Federacións Deportivas Galegas remitirán semanalmente á Secretaría Xeral para o Deporte a información sobre os certificados emitidos, coa relación nominal dos/as deportistas e outros axentes autorizados.)
        • Pode solicitar este certificado ao Club desde aquí
    • Non se permite a asistencia de público a adestramentos deportivos de ámbito autonómico que se celebren en instalacións deportivas ou na vía pública.

 

  • A nivel nacional (España):
    • Poden desenvolverse de acordo co establecido pola Administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.
    • Quedan exceptuados das restricións (limitacións perimetrais e circulación en horario nocturno) os desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se realicen para adestrar ou participar en competicións de ámbito federado (sempre que o adestramento estea vinculado a nunha competición que teña lugar nas catro semanas próximas) NOTA: No caso de que a FGA considere que este prazo é insuficiente para que o equipo/deportista prepare esa competición, deberá solicitar a súa autorización á Secretaría Xeral para o Deporte.
      • A persoa que se desprace debe portar, durante o desprazamento, un certificado emitido polo Club ou FGA cos seus datos persoais, lugar e horario do adestramento. (NOTA: no caso de certificacións emitidas polos clubs, estes deberán comunicar á FGA un listado dos mesmos, a efectos de seguimento e verificación por parte destas. As Federacións Deportivas Galegas remitirán semanalmente á Secretaría Xeral para o Deporte a información sobre os certificados emitidos, coa relación nominal dos/as deportistas e outros axentes autorizados.)
        • Pode solicitar este certificado ao Club desde aquí
    • Non se permite a asistencia de público a adestramentos deportivos de ámbito Estatal que se celebren en instalacións deportivas ou na vía pública.

 

 

          ▹USO DE MÁSCARA
    • É obrigatorio utilizar a máscara por todas as persoas de 6 ou máis anos, aínda que se poida manter a distancia de seguridade interpersoal; debidamente colocada, de xeito que cubra parte do tabique nasal ata o queixo, incluídos.
    • Quedan excluídas desta obrigatoriedade:
      • As persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada polo uso da máscara ou que, pola súa situación de diversidade funcional ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitala, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.

 

          ▹USO DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS
    • Poden permanecer abertas para realizar adestramentos ou competicións de ámbito federado autonómico e/ou nacional.

 

As persoas usuarias deben cumprir os criterios xerais de uso das instalacións deportivas:

    • Non compartir ningún material ou, se isto non fose posible, garantir a presenza de elementos de hixiene para o seu uso compartido.
    • As bolsas, mochilas ou efectos persoais só poden deixarse nos espazos habilitados para tal fin.
    • Os/as deportistas non poden compartir alimentos, bebidas ou semellantes.
    • Antes de entrar e saír do espazo, deben limpar as mans cos hidroxeles dispoñibles para o seu uso nos espazos habilitados.

 

          ▹PRÁCTICA DE ADESTRAMENTOS NOUTROS ESPAZOS
    • Os parques biosaudables, zonas deportivas e outros espazos similares de uso público ao aire libre poden estar abertos, sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados da superficie do recinto.
    • Debe manterse a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física.
    • O uso de máscara é obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal.
    • Deben aplicarse as medidas de hixiene e prevención establecidas (limpeza, desinfección, uso de xeles hidroalcohólicos e/ou desinfectantes).

 

          ▹COMPETICIÓNS

 

 

          ▹DESPRAZAMENTOS
  • Transporte en AUTOBÚS:
    • O uso de máscara é obrigatorio para todas as persoas no interior do transporte.
    • Pódese ocupar a totalidade dos asentos, debendo manter a máxima separación entre as persoas usuarias cando o nivel de ocupación o permita.
    • Cando a duración do traxecto sexa inferior a dúas horas, non está permitido consumir alimentos no interior do vehículo. Na medida do posible, evitarase consumir bebidas, conversar ou manter calquera outro contacto directo con outras persoas ocupantes.
    • Evitaranse conductas como levantarse, interactuar, berrar, compartir obxectos, tocar superficies comúns e calquera outra conducta que poida xerar un risco de contaxio ou transmisión do virus.
    • Procurarase a máxima ventilación do vehículo.

 

  • Transporte en VEHÍCULO PARTICULAR:
    • O uso de máscara é obrigatorio para todas as persoas no interior do transporte (agás que todas elas convivan no mesmo domicilio).
    • Está permitido o seu uso por persoas non conviventes que traballen xuntas, só para o traxecto de ida e volta ao centro de traballo.
    • Só se permiten dúas persoas por fila de asentos.

 

Tes máis dúbidas? Atopas algunha información incorrecta? Escríbenos a atletismolucus@yahoo.es para que poidamos modificalo na maior brevidade posible.

Moitas grazas pola túa colaboración!

Lexislación de referencia:

DECRETO 8/2021, do 26 de xaneiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

DECRETO 26/2021, do 15 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

ORDE do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

ORDE do 15 de febreiro de 2021 pola que se dispón a prórroga e a modificación das medidas de prevención específicas previstas na Orde do 26 de xaneiro de 2021, como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 17 de xullo de 2020, polo que se introducen determinadas modificacións nas medidas de prevención previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

 

Documentos de interese:

Modelo de certificado para xustificar o desprazamento fóra do Concello de residencia (adestramentos ou participación en competicións autonómicas/nacionais). Podes cubrilo ti mesmo/a e envialo a contactos.atletismolucus@gmail.com para recibilo asinado polo Club.

➩ Xunta de Galicia – Secretaría Xeral para o Deporte. Guía simplificada das medidas preventivas para facer fronte ao risco de contaxio pola Covid-19 de aplicación ao Deporte Galego.

➩ Consejo Superior de Deportes. Protocolo de actuación para la vuelta de competiciones oficiales de ámbito estatal y carácter no profesional (Temporada 2020-2021).

➩ RFEA. Protocolo de refuerzo RFEA «Guía de actuación y recomendaciones para la organización de competiciones«.

➩ Xunta de Galicia – Secretaría Xeral para o Deporte. Protocolo Fisicovid-Dxtgalego polo que se establecen as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 no ámbito do deporte federado de Galicia

➩ Federación Galega de Atletismo. Protocolo Fisicovid-Dxtgalego polo que se establecen as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 no ámbito do deporte federado de Galicia.

➩ RFEA. Calendario oficial tempada 2021.

➩ RFEA. Calendario competicións nacionais nivel II.

➩ FGA. Calendario competicións autonómicas 2021.

 

Máis enlaces de interese:

RFEA – Información relativa á COVID-19, fases da desescalada, dúbidas, etc.

RFEA – Normativa e protocolos para a organización de competicións.

FGA – Información relativa á COVID-19, normativa e protocolos para a práctica de atletismo.

 

AGARDAMOS A VOSA COLABORACIÓN NESTA LOITA CONXUNTA, #RESPONSABILIDADE
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email