Redes Sociales

 
icon_facebook.jpg icon_insta.jpg icon_twitter.jpg icon_youtube.jpg
INSCRICIÓNS ONLINE
No hay eventos este mes.

LMMJVSD




123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930
Próximos eventos
Eventos no próximos
Normativa

RESUMO NORMATIVA CLUB LUCUS CAIXA RURAL GALEGA




NORMAS XERAIS

  • Acudir a todas as competicións para as que sexan requiridos polo Club.
  • Empregar camiseta e pantalón oficial do Club en todas as competicións, tanto oficiais como populares, así como nas cerimonias de entregas de premios.
  • Os novos atletas adquirirán o chándal do Club mediante o abono do seu importe.


INSCRICIÓNS

 
As inscricións para os Campionatos Oficiais (Campionatos Galegos e de España, individuais e por equipos) serán realizadas a través do Club, mediante o formulario web disposto no panel lateral.
A formalización de inscricións para Campionatos de España de atletas que non teñan marca mínima de participación requirirá un estudo previo da Comisión Técnica.

Os atletas e os seus adestradores, poderán realizar directamente a inscrición en carreiras populares. Nese caso estarán obrigados a facelo en representación do Club Lucus Caixa Rural Galega.



DESPRAZAMENTOS

 
O Club correrá cos gastos de viaxe e, se fose necesario, estancia en pensión completa dos atletas, nos Campionatos por Equipos, Campionatos de España individuais e Campionatos Galegos individuais.

O Club non pagará ningún tipo de inscrición para ningunha proba.

En todos os casos as viaxes serán programadas ou autorizadas previamente polo Club.

Créase unha Comisión Técnica formada por tres membros: un presidente, director técnico e un vocal. A Xunta Directiva delega na citada comisión as decisións concernentes a desprazamentos, autorización de gastos, dietas, casos particulares, excepcións e, en xeral, todo o relacionado con este apartado.

Os atletas poderán solicitar dietas por manutención e desprazamentos, para os campionatos galegos e de España oficiais, sempre que nos desprazamentos compartan o vehículo con atletas do club que viaxen á mesma competición. Para os desprazamentos a outras competicións ou controis, requírese o visto e prace da Comisión Técnica do club.

Os atletas veteráns non terán dereito a dietas, agás que participen en categoría absoluta con marca mínima de participación ou en competición por equipos.

Establécense as seguintes dietas:

  • Dietas de manutención (con factura e xustificante):
    • Almorzo: 3 €
    • Xantar ou cena: 12 €
  • Desprazamentos: 0,15 €/km.
    • Requírese o visto e prace previo da Comisión Técnica coa finalidade de coordinar desprazamentos con atletas que asistan á mesma competición.
    • As solicitudes de dietas por desprazamento serán previamente estudadas pola Comisión Técnica.
    • Estas dietas inclúen tódolos gastos orixinados polo mesmo.

Cando o club programe un desprazamento de forma conxunta, non se pagarán viaxes en coche particular, salvo casos excepcionais debidamente xustificados con anterioridade.

Os atletas poderán solicitar o club o modelo de “impreso de xustificación de gastos” que deberá ser cuberto por toda persoa que pretenda o reembolso de gastos por parte do club, tamén atópase na web oficial do club: www.atletismolucus.org, no apartado “impresos”.

O impreso deberá ser remitido ao club sempre dentro dos quince días seguintes á celebración da competición. Os xustificantes que deberán acompañar este impreso (facturas ou similar) deberán ser presentados a nome do club:

Nome: Club Atletismo Lucus Caixa Rural Galega.
CIF: G-27033836
Enderezo: Estadio Atletismo Gregorio Pérez Rivera, Avd. Filarmónica Lucense




DOCUMENTACIÓN A APORTAR POLOS NOVOS ATLETAS

  • Impreso a dobre cara,  de licenza  e de tratamento de datos da RFEA/FGA debidamente cuberto e asinado, que solicitarás ó teu adestrador ou no local do club.
  • Dúas fotografías tamaño carnet.
  • Resgardo do ingreso da cuota de 90 €.
  • Fotocopia DNI e, se o atleta é menor de idade, fotocopia DNI nai, pai ou titor.
  • Atletas estranxeiros, deberán presentar ademáis un certificado de empadronamento.

Os novos atletas deberán adquirir obrigatoriamente o novo chandal oficial  do club, ó prezo de 50€, a ingresar na conta do club, indicando en concepto: CHANDAL + Nome e Apelidos.

Número de conta para os ingresos: ES86 3070 0001 2111 3726 5623

Prégase encarecidamente préstese a máxima atención a estas normas, quedando a Xunta Directiva a disposición dos interesados para calquera aclaración.