CHARLA-COLOQUIO DEPORTE EN FEMININO (martes 8 maio, Lugo)

Mañá MARTES 8 DE MAIO terá lugar unha charla-coloquio coa temática DEPORTE EN FEMENINO no Salón de actos de A Fundación, na praza de Santa María, co motivo da celebración da II MEDIO MARATÓN CIDADE DE LUGO do vindeiro 13 de maio.

O acceso á sala será libre, ata completar aforo, e nela intervirán mulleres destacadas do ámbito deportivo como Cristina Azanza, triatleta internacional e directora de Muller en Forma; Bibi Bouza, adestradora e presidenta do Club de Voleibol EMEVÉ; Teté Latas, do Club de Baloncesto Ensino; Maisa López, adestradora do CB Sarria e Lara Balseiro, xogadora do Fútbol Sala Burela.

ANIMÁDEVOS!