COPA DEPUTACIÓN DE LUGO – 3ª Xornada (sábado 2 febreiro)

Este sábado 2 de febreiro terá lugar a terceira e última xornada da COPA DEPUTACIÓN DE LUGO, con probas ao aire libre e de pista cuberta nas instalacións do Estadio Gregorio Pérez Rivera, que permanecerá ocupado en horario completo, de mañá e de tarde.

Será a partir das 11:00 horas cando comece a participación das categorías SUB16 ata máster, que nesta ocasión protagonizarán a meirande parte das carreiras, saltos e lanzamentos, coa proba dos 1.000 metros lisos para as categorías menores (SUB10, SUB12 e SUB14), rematando a xornada arredor das 20h.

Por aquí tedes o horario definitivo e información de interese relativa á competición, ademais da lista de inscricións coas persoas admitidas para cada proba e os enlaces para seguir os resultados en directo!

HORARIO DEFINITIVO

Regulamento e horario definitivo Lista de inscricións e persoas admitidas

(probas no módulo)

(probas ao aire libre)

MOITA SORTE, ATLETAS!!
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *