CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB23 EN PC (9 e 10 febreiro, Salamanca)

Esta fin de semana estará protagonizada pola gran data do atletismo a nivel nacional para a categoría SUB23, co CAMPIONATO DE ESPAÑA EN PISTA CUBERTA, que se disputará os días 9 e 10 de febreiro na localidade de Salamanca.

Ata alí desprazaranse tres atletas do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA para participar nas súas probas estrela, co obxectivo de rozar as mellores marcas persoais e de intentar superalas, sacando proveito do alto nivel no atletismo español que se reúne nestas competicións nacionais. O primeiro en debutar será Santiago Rozas ás 10:30 horas do sábado, que tomará parte nas roldas eliminatorias dos 60 m.v., cuxa final será na xornada da tarde arredor das 19:20h. A seguinte velocista das eliminatorias será Adi Iglesias, pero nos 60 metros lisos, logo de bater o seu mellor rexistro de 7.87 nas últimas semanas. Rematando a xornada, Laura Santos loitará nos 3.000 m.l. co obxectivo de baixar dos 10 minutos que rexistrara no campionato galego de xaneiro.

Podedes seguir os resultados do Campionato en directo na imaxe posterior, así como consultar os documentos relativos á competición e as persoas inscritas.

Regulamento Lista de inscricións
MOITO ÁNIMO, ATLETAS!!
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *