ACTO DE BENVIDA Á NOSA SUBCAMPIOA MUNDIAL, ADI!!!

Así recibiamos a familia do LUCUS CAIXA RURAL GALEGA o pasado domingo á nosa Adi Iglesias á súa chegada á Estación de Autobuses de Lugo, logo de conseguir no Campionato do Mundo en Dubái dúas medallas de prata nas probas de 100 m.l. e 200 m.l. e proclamarse SUBCAMPIOA MUNDIAL!! 

Tras segundos de aplausos e moita emoción, marchaba case correndo para realizar o Saque de Honra no partido que disputaba o CD Lugo ás 18:30h, invitada polo Club como recoñecemento dos seus logros no Campionato Mundial.

Mereces todo isto e máis, NORABOA!! 

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *