CROSS PONTE ROMANA – Homenaxe a Daniel Aguilar (domingo 24 novembro, Lugo)

Este domingo 24 de novembro seguirá a tempada de campo a través coa cuarta edición do CROSS PONTE ROMANA, que se disputará en xornada de mañá no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Esta carreira, que rinde homenaxe este ano a Daniel Aguilar e supera xa as 900 inscricións, rozando o milleiro, está incluída no circuíto ANOC e no calendario nacional da RFEA. 

Será a partir das 10:00 horas cando se inicien as primeiras carreiras do autodenominado mellor cross do noroeste que, como novidade da actual edición, presenta os relevos mixtos, unha proba de equipo onde competirán mulleres e homes de distintas categorías, nunha xornada do máis emocionante nesta modalidade deportiva. Deixámosvos o horario e distancias das carreiras segundo a categoría.

HORARIOS E CARREIRAS

​Nos enlaces inferiores tedes máis información relativa á competición, como o regulamento coa normativa básica, a lista de inscricións e un enlace para seguir os resultados das carreiras. Lembrade as recomendacións habituais:

  • Acudir, polo menos, 50 minutos antes da hora da proba (para recoller o dorsal, quentar e presentarse en cámara de chamadas).
  • Levar o documento de identidade.
  • Traer imperdibles para colocar o dorsal.
  • Utilizar as zapatillas de cravos (se as tes) para a carreira.
  • Segundo as condicións meteorolóxicas, traer roupa de cambio para despois de correr.
  • Aprender da experiencia e desfrutar cos/as compañeiros/as.

 

MOITO ÉXITO MAÑÁ, AGARDÁMOSVOS!!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *