COPA DE GALICIA DE CLUBS EN PC (sábado 11 xaneiro, Ourense)

Comezamos este 2020 coas pilas cargadas para tomar parte na competición por equipos máis agardada de pista cuberta, a COPA DE GALICIA DE CLUBS que se disputará este sábado 11 de xaneiro na provincia de Ourense. 

Un ano máis, o LUCUS CAIXA RURAL GALEGA estará presente cos seus equipos feminino e masculino. Será en xornada de tarde, a partir das 16:30 horas, cando os oito mellores equipos da nosa Comunidade Autónoma loitarán por facerse co título galego, ademais de ter a oportunidade de mellorar as súas marcas de cara aos campionatos individuais que virán nas próximas semanas, a nivel autonómico e nacional. Tedes toda a información de interese nos seguintes enlaces, como as participacións por probas ou o horario definitivo da xornada.

En canto ao plan de viaxe, sairá un autobús ás 13:45 horas desde as pistas de atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera, volvendo a Lugo ao remate da competición. Lembrade levar o documento de identidade e a equipación de competir do Club, así como acudir uns minutos antes para respectar a hora de saída.

MOITO ÉXITO EQUIPO, A DAR O MELLOR DE VÓS!

 

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *