[PRAZO PECHADO] ABERTA A PRE-INSCRICIÓN PARA A ESCOLA DE ATLETISMO – PRAZAS LIMITADAS

Esta nova tempada da Escola de Atletismo chegará con diversas novidades con respecto ás anteriores debido á situación sanitaria que estamos a vivir, por todas e todos xa coñecida, e á que levamos facendo fronte estes últimos meses. É por iso polo que as sesións de adestramentos, os horarios e a organización dos grupos sufrirán lixeiras modificacións, necesarias para poder adaptarnos ás últimas indicacións e protocolos publicados polas autoridades competentes, co fin de garantir unha actividade deportiva o máis responsable e segura posible para todos/as.

Somos conscientes de que nos atopamos nun contexto de incerteza, pero tamén sabemos da necesidade que teñen os nosos nenos e nenas de volver reencontrarse e de intentar recuperar a antiga normalidade, esa que quedaba paralizada no pasado mes de marzo. Desde o Club e desde a Escola de Atletismo, estamos facendo todos os esforzos para organizar unha tempada que, aínda que será diferente e estará marcada pola situación sanitaria, nos permita retomar os adestramentos e volver disfrutar do atletismo nesta nova realidade.

Para comezar a organización das categorías e os grupos de adestramento, que este ano terán que ser con prazas limitadas, deberedes enviar unha PRE-INSCRICIÓN antes do 20 de setembro, co obxectivo de coñecer os/as atletas que continuarán ou se incorporarán á Escola de Atletismo e de fixar os días e horarios da tempada, tendo en conta a redución na ratio e as medidas de prevención e desinfección adicionais que nos acompañarán nas sesións. Deixámosvos no seguinte enlace o impreso de pre-inscrición, que deberedes enviar debidamente cuberto ao enderezo electrónico escolalucus@gmail.com antes do prazo sinalado.

 

Tedes toda a información sobre a nova tempada na páxina web. Calquera dúbida ou suxestión que teñades, podedes contactarnos no e-mail da Escola de Atletismo, estaremos encantados/as de axudarvos.

AGARDÁMOSVOS CON ILUSIÓN E #RESPONSABILIDADE!!

 

Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *