CAMPIÓNS GALEGOS DE CAMPO A TRAVÉS CUNHA LEMBRANZA MOI ESPECIAL

O pasado domingo 7 de novembro tivo lugar en Pontevedra o CAMPIONATO DE GALICIA DE CAMPO A TRAVÉS, unha competición que acolleu as carreiras para as categorías SUB16 a Absoluta e por relevos mixto desta especialidade atlética.

 

Sen dúbida foi unha xornada de mañá moi emotiva e chea de éxitos para o Club, onde o equipo absoluto formado por Esteban Iglesia, Laura Santos, Xabier Rodríguez e Lucía Varela conseguía rematar a proba de relevos nun tempo de 18:09, converténdose nos actuais campións galegos e adicando o logro ao seu adestrador Mariano Castiñeira, nunha data especial na que se cumpre un ano desde a súa perda.

©Imaxes propias e tomadas pola organización da proba.

 

Tamén destacados foron os resultados nas demais carreiras. Na categoría SUB16, Teo de Frutos conseguiu o título de subcampión galego tras rematar nun rexistro de 8:53 minutos, seguido polos compañeiros de adestramento Ángel Herrero, que rematou cun tempo de 9:33 e Javier Blanco, que cruzaba a meta nos 10:25. Na carreira feminina, Estela Díaz remataba na sexta posición, detendo o crono nos 9:03 minutos. Xa na categoría SUB18, destacou a carreira de Iván Rego, que pechou a competición co cuarto posto e un tempo de 11:41, seguido por Rubén Darriba, que cruzaba a meta nos 13:34 minutos. Pola súa parte, Carla Díaz detía o crono nos 11:03, cruzando a meta da proba feminina entre as dez mellores de Galicia.

 

Tedes máis imaxes da xornada en RunPhotos Galicia.

 
NORABOA ATLETAS, GRAN TRABALLO!!
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *