ATAPUERCA E SAN MARTIÑO PROTAGONIZARON A FIN DE SEMANA (14 novembro 2021)

O pasado domingo 14 de novembro estivemos repartidos pola península, con atletas que participaron no Cross Internacional de Atapuerca e na Carreira Pedestre Popular do San Martiño, dúas citas clave nesta época do ano que reúne a especialistas do fondo e a afeccionados do deporte.

 

A nivel nacional, desprazámonos ata a provincia de Burgos para disputar a XVII Edición do Cross Internacional de Atapuerca, unha cita moi esperada polos/as atletas na que se mestura a experiencia da competición e o encontro cos principais referentes da modalidade, o que supón unha aprendizaxe para cativos e maiores.

Na categoría SUB14, Eva Rouco percorría os 1.000 metros de carreira nun tempo de 3:35, á que seguiría a compañeira de adestramento Safya MoumniEstela Díaz, pola súa parte, remataba os 2.000 metros da carreira SUB16 en 7:37 minutos, seguida por Paula Castro, que cruzaba a liña de meta nos 8:11. Na carreira masculina, tomaban parte Teo de Frutos, Ángel Herrero e Javier Blanco, percorrendo un total de 3.000 metros; a mesma distancia na que participaron as atletas SUB18 Carla Díaz e Mariña Peixoto, deixando un rexistro de 12:09 e 13:28, respectivamente. Xa na categoría SUB18, Rubén Darriba era o primeiro do equipo en rematar os 4.000 metros nun tempo de 14:22 e, na mesma distancia, pero na categoría SUB20, Lucía Varela detía o cronómetro nos 15:12.

Se perdiches a retransmisión en directo, podes repetila nos seguintes enlaces.

©Imaxes propias e de López Salgueiro (galería completa aquí).

 

No relativo á competición autonómica, estivemos presentes en Ourense para tomar parte na XLIV Edición da Carreira Pedestre Popular do San Martiño, outra das citas obrigadas nesta época do ano e que cada vez conta con máis popularidade entre os referentes do fondo.

Nesta ocasión participaron na carreira absoluta os nosos atletas máis experimentados, nunha proba que en 10km percorre algunhas das zonas máis simbólicas da cidade. O primeiro en cruzar a meta e conseguir o 3º posto absoluto foi Esteban Iglesia, rexistrando un tempo de 30:21 e sendo o número un da categoría senior. Prácticamente á vez chegaban ao final da carreira os compañeiros Nicolás Arrojo e Daniel Pérez, que asinaban un cronómetro de 32:21 e 32:23, respectivamente; situados nos primeiros postos da carreira masculina e entre os seis primeiros da súa categoría. Tamén con segundos de diferenza remataban Ángel Rábade e Laura Santos, o primeiro deles nun tempo de 35:09 e sétimo da súa categoría e, no cuarto posto feminino Laura, que detía o cronómetro nos 35:16, rozando os postos do podio absoluto. Poñendo fin á xornada, Xabier Díaz cruzaba a liña de meta nos 36:01, conseguindo manterse entre os dez primeiros da súa categoría cun magnífico sétimo posto.

Podedes consultar os resultados completos e a retransmisión da carreira nos enlaces posteriores.

©Imaxes tomadas da organización (galería completa aquí).

Máis imaxes da xornada en La Región.

NORABOA A TODAS E TODOS OS PARTICIPANTES POLOS RESULTADOS!
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *