
NOVA EDICIÓN DE «SALTAR NA RÚA» EN LUGO – 12 OUTUBRO 2023
Logo do éxito da actividade tras dous anos consecutivos na capital lucense, o Club Atletismo Lucus Caixa Rural Galega, coa colaboración do Concello de Lugo, organiza unha nova edición de «SALTAR NA RÚA» en Lugo, a exhibición de saltos que este ano terá lugar o xoves 12 de outubro de 2023, co obxectivo de seguir achegando o atletismo á poboación da cidade. Desta vez será en pleno centro e en xornada de mañá, para despedir o San Froilán por todo o alto.
A partir das 12:00 horas na Praza Horta do Seminario (Avenida de Ramón Ferreiro), poderedes volver desfrutar dunha pequena mostra en plena rúa das disciplinas de salto de lonxitude e salto con pértega, sen dúbida un auténtico espectáculo a carón do recinto feiral, acompañados de grandes atletas referentes do ámbito do atletismo.
Queredes saber máis? Proximamente todos os detalles…
AGARDÁMOSVOS!
