AVISO COMPETICIÓNS 2021

AVISO PARA AS COMPETICIÓNS DA TEMPADA 2021

En vista dos cambios que se están a producir nos regulamentos das probas por parte da Federación Galega de Atletismo, con respecto ao incremento nos pagos por inscrición de atletas e o correspondente cargo á conta bancaria do Club, infórmase de que a partir do 1 de xaneiro de 2020 será responsabilidade de cada atleta o pago da inscrición nas competicións que así o esixan. Ata o momento, e nas últimas competicións, o Club estaba asumindo a totalidade do cobro por tratarse de ocasións puntuais pero, debido ao incremento sen previo aviso das últimas xornadas, vémonos obrigados a derivar este gasto aos propios e propias atletas.

O importe aparecerá indicado no nome da competición (na páxina de Inscricións do Club) e deberá aboarse para que se tramite a inscrición, para o cal xa está activada na web unha pasarela de pago.

! IMPORTANTE:

  • Non se realizarán inscricións sen o abono previo do importe correspondente.
  • Deberán aboar a inscrición todas e todos os atletas, tanto da Escola como do Club.
  • Exclúense de pago os campionatos autonómicos e nacionais, ou os que así se especifiquen na páxina de inscricións do Club.

Sentimos as molestias e agardamos a vosa comprensión e colaboración,

MOITAS GRAZAS.
Non esquezas compartir en...
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on whatsapp
Whatsapp
Share on email
Email
Share on google
Google

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *