![](https://www.atletismolucus.org/wp-content/uploads/2020/03/mellores-atletas-2019_votación-1140x591.png)
TRES ATLETAS DO LUCUS ENTRE AS CANDIDATURAS A «MELLOR ATLETA 2019»
Aínda que a tempada competitiva atópase paralizada neste momento pola crise sanitaria que estamos a vivir, as votacións para elixir ás e aos atletas máis destacados do panorama deportivo galego xa están abertas desde hai uns días na páxina web da Federación Galega de Atletismo. Nesta nova edición, o obxectivo volve ser coroar co título de «MELLOR ATLETA 2019» aos distintos representantes galegos e galegas como recoñecemento dos seus éxitos ao longo da pasada tempada 2018/2019, que este ano se prolongou ata decembro.
Tres son as candidaturas do Lucus Caixa Rural Galega que optan a este recoñecemento anual, con Adi Iglesias na categoría «Mellor atleta absoluta feminina» , Ros Sureda como «Mellor atleta Máster feminina» e Juan Gude como «Mellor atleta Máster masculino» . Valores como o esforzo, a disciplina, o compromiso e a superación van sempre da súa man, representando a este o noso equipo alá por onde van e constituíndo referentes a seguir para as novas xeracións de atletas.
Vota por eles/as a través do seguinte enlace, é moi sinxelo!
Grande noraboa a todos/as e xa sabedes, equipo, A VOTAR!
![](https://www.atletismolucus.org/wp-content/uploads/2020/05/Licenzas-dixitais-FGA-75x75.jpg)
![](https://www.atletismolucus.org/wp-content/uploads/2020/03/Aviso-escala-75x75.png)