SALTAR NA RÚA 2020 (sábado 22 agosto, Pontevedra)

©Sociedad Gimnástica Pontevedra

A Ponte do Burgo será o escenario pontevedrés escollido este ano para a exhibición do «SALTAR NA RÚA 2020», o evento para promocionar o atletismo no contexto urbano que organiza anualmente a Sociedad Gimnástica Pontevedra, co fin de achegar e dar a coñecer esta modalidade deportiva á poboación galega.

Contará coa presenza dos saltadores e saltadoras máis destacadas a nivel autonómico e nacional, ofrecendo unha demostración da súa práctica nas especialidades de lonxitude, triplo salto e pértega. No espectáculo, que dará comezo a partir das 19:30 horas deste sábado, estará como invitado Pablo Modia, o noso atleta, monitor e un dos directores da Escola de Atletismo, para amosar o que mellor sabe facer na súa proba, o salto de lonxitude. 

Deixámosvos un vídeo resumo da edición do ano pasado como mostra desta experiencia e animámosvos a acudir como público para desfrutar do ambiente deportivo e emocionante que se crea nesta tarde máxica, que este ano ademais terá en conta as medidas de seguridade e prevención ante a COVID-19.

#RESPONSABILIDADE

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *