![](https://www.atletismolucus.org/wp-content/uploads/2022/10/Convocatoria-Asemblea-Xeral-LUCUS-1140x669.png)
[⚠ CAMBIO DE DÍA ⚠] CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL (venres 28 outubro 2022)
De acordo cos artigos 16 e 17 dos Estatutos do Club Atletismo Lucus Caixa Rural Galega, o Presidente convoca a ASEMBLEA XERAL no lugar e datas que seguen:
DATA: Venres, 28 de outubro de 2022.
HORA: ás 18:30 horas en primeira convocatoria e ás 19:00 horas en segunda e última convocatoria.
LUGAR: Salón de Actos da Oficina Caixa Rural Galega, en Rúa Curros Enríquez 38, entreplanta.
ORDE DO DÍA:
- Memoria e liquidación do presuposto, balance económico do exercicio 2021/2022, votación e aprobación das contas.
- Orzamentos exercicio 2022/2023.
- Proposta do Presidente ou da Xunta Directiva.
- Propostas dos socios e socias. Segundo os Estatutos, deberán vir asinadas, polo menos, polo 5% dos mesmos.
Recórdase que a Asemblea Xeral é o organo supremo do goberno do Club e está integrada por todos os seus socios de número, é dicir, todas as persoas maiores de idade que abonan a cota anual do Club. Recomendámosvos a todas e todos os atletas acudir á Asemblea Xeral polo propio interese, así como aos socios menores de idade, que poden asistir e/ou estar representados polas súas nais, pais ou titores legais.
Podedes consultar os Estatutos do Club ➤ aquí .
VÉMONOS!
![](https://www.atletismolucus.org/wp-content/uploads/2022/10/Saltar-na-rua-II-LUCUS-cartel-75x75.png)
![](https://www.atletismolucus.org/wp-content/uploads/2022/09/ESCOLA-LUCUS-22-23-75x75.jpg)