NOVA EDICIÓN DE «SALTAR NA RÚA» EN LUGO – 12 OUTUBRO 2023

Logo do éxito da actividade tras dous anos consecutivos na capital lucense, o Club Atletismo Lucus Caixa Rural Galega, coa colaboración do Concello e a Deputación de Lugo, organiza unha nova edición de «SALTAR NA RÚA» en Lugo, a exhibición de saltos que este ano terá lugar o xoves 12 de outubro de 2023, co obxectivo de seguir achegando o atletismo á poboación da cidade. Desta vez será en pleno centro e en xornada de mañá, para despedir o San Froilán por todo o alto.

A partir das 12:00 horas na Praza Horta do Seminario (Avenida de Ramón Ferreiro), poderedes volver desfrutar dunha pequena mostra en plena rúa das disciplinas de salto de lonxitude e salto con pértega, sen dúbida un auténtico espectáculo a carón do recinto feiral, acompañados de grandes atletas referentes do ámbito do atletismo.

Aquí podes escoitar a nosa intervención nos programas de radio especiais de San Froilán 2023, falando sobre a nova edición de «SALTAR NA RÚA» en Lugo e a actividade deportiva do Lucus Caixa Rural Galega, o Club con máis traxectoria da cidade. Sígueos en directo ou volve escoitalos se perdiches algún. Este ano vai ben anunciado!

Podes acceder ao recorte da entrevista aquí

Se queres escoitar o programa completo, accede directamente aquí.

LEMBRA …

📆 Xoves 12 de outubro de 2023
⌛ A partir das 12:00 horas
📍 Praza Horta do Seminario (Avda. Ramón Ferreiro)
💸 GRATIS
 
AGARDÁMOSVOS, NON PODEDES FALTAR A ESTA NOVA EDICIÓN!
Non esquezas compartir en...
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on whatsapp
Whatsapp
Share on email
Email
Share on google
Google

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *