CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO EN PISTA CURTA
A Pista Cuberta de Ourense acolleu na fin de semana o CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO, no que participaron varios atletas do Club con excelentes resultados. Récords de Club, mínima para os Campionatos de España e podios absolutos foron o froito de todo o traballo e esforzo que dedican cada día os nosos e as nosas deportistas.
Álex Barreiro conseguía a medalla de ouro e o título de campión galego na proba de triplo salto, cunha mellor marca persoal en pista curta e récord do Club, a tan só 3 cm da mínima para o nacional absoluto.
Antía Pernas liderou o salto de lonxitude tamén con marca persoal, mínima para o Campionato de España SUB20 e igualando o récord do Club, converténdose na actual campioa galega absoluta da proba.
Santiago Rozas, nos 60 metros valados, subía ata o máis alto do podio como vixente campión galego, mellorando a súa marca e moi preto da mínima para o Campionato de España Absoluto das próximas semanas.
Ademais, destacaron atletas como Abel Belhaki e Antía Fernández, que remataron no 5º posto de Galicia nas probas de peso e 60 m, respectivamente; Estela Díaz, que confirmaba a mínima para o nacional SUB20 nos 1.500 metros ou Yago Virgós e Ángel Herrero, que loitaron nos 1.500 metros por baixar as súas marcas persoais e finalizaban entre os dez primeiros de Galicia, entre outros.
© FGA, Juan Manuel García Rey (@ollodexan)