CAMPIONATOS DE GALICIA PISTA CUBERTA E LANZAMENTOS LONGOS (sábado 23 febreiro)

Intensa e emocionante son dous adxectivos que describen esta fin de semana de febreiro, con catro campionatos a nivel galego e nacional entre o sábado e o domingo. Comezando polo sábado 23, terá lugar o CAMPIONATO DE GALICIA SUB18 E SUB20 EN PISTA CUBERTA, que será acollido na Pista Cuberta de Ourense (Expourense) e o CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO DE LANZAMENTOS LONGOS, que repite sede no Centro Galego de Tecnificación de Pontevedra.

En canto ao primeiro deles, unha decena de atletas serán os que representen ao Lucus Caixa Rural Galega nas categorías SUB18 e SUB20 deste autonómico de pista cuberta. Na feminina, Raquel López disputará a proba de pértega, mentres Iria Brea e Brenda Lence debutarán nas de velocidade, cos seus compañeiros de adestramento Narciso Fernández e Diego Piñeiro, este último tamén no triplo salto. Nos concursos, Xavier Esteban loitará pola medalla no salto de altura e, xa no medio fondo, serán Agustín Cordero e Kevin Darriba os que se encarguen dos 800 metros lisos. Lembrade revisar os seguintes documentos para coñecer o horario definitivo da xornada, que será pola mañá e pola tarde, así como a cámara de chamadas de cada proba.

Segue os resultados en directo aquí
Horario definitivo Horario cámara de chamadas

 

No relativo aos lanzamentos longos, serán os “Pupilos de Eus” os representantes do Club no campionato galego absoluto desta especialidade. Xa desde as 10:15 horas, Iván Rey e Raúl Rodríguez comezarán a proba de martelo, continuando ás 13:00h. coa de lanzamento de disco. María Quiroga será a que dispute o martelo feminino, que pechará a xornada competitiva arredor das seis da tarde. De novo, podedes consultar os seguintes documentos de interese.

Segue os resultados en directo aquí
Regulamento  Horario definitivo
MOITO ÉXITO A TODOS E TODAS!!
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *