I CLASIFICATORIA SUB14/SUB16 ATLETISMO EN PISTA – XOGADE (domingo 7 abril, Lugo)

Esta fin de semana é a quenda para os/as atletas SUB14 da Escola de Atletismo e a SUB16 do Club, na súa I CLASIFICATORIA DE ATLETISMO EN PISTA AO AIRE LIBRE que terá lugar nas instalacións do Estadio Gregorio Pérez Rivera, en Lugo, en xornada de mañá.

Será a partir das 10:00 horas coas carreiras de marcha, ás que seguirán os distintos concursos e demais carreiras de velocidade, valados, obstáculos e relevos, entre outras, que pecharán a competición arredor das 14h. Tedes todas as probas no horario posterior, así como o enlace para seguir os resultados en directo e a lista de inscricións realizadas, onde podedes consultar as que fará cada atleta.

HORARIO MODIFICADO

 

 

LEMBRADE OS SEGUINTES ASPECTOS IMPORTANTES PARA A COMPETICIÓN:

  • Acudir, polo menos, 50 minutos antes da hora da primeira proba para recoller o dorsal e realizar o quecemento previo.
  • Traer o documento persoal de identidade, imperdibles para colocar o dorsal asignado, zapatillas de cravos (se tedes) e roupa de cambio (segundo a meteoroloxía).
  • Vestir a equipación de competir do Club.
  • Disfrutar da xornada competitiva con deportividade.

 

VÉMONOS O DOMINGO!!
Non esquezas compartir en...
Share on Facebook
Facebook
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *