![](https://www.atletismolucus.org/wp-content/uploads/2020/02/CtoEspañaAbsolutoPC_29-010320.jpg)
CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO EN PC (29 febreiro e 1 marzo, Ourense)
Xa está todo preparado para disputar este último fin de semana de febreiro o CAMPIONATO DE ESPAÑA EN PISTA CUBERTA, sen dúbida un dos eventos máis esperados da competición de alto nivel. Será na Pista Cuberta de Ourense (Expourense) e ocupará o sábado pola mañá e tarde e o domingo pola mañá.
Ata alí desprazarémonos para disfrutar dos/as atletas máis destacados do panorama nacional e internacional en vivo, onde a experiencia e a emoción da competición converten o Campionato nun espectáculo único. Como non podía ser doutro xeito, estaremos animando ao noso vallista Miguel Pérez, representante do Club que participará na proba dos 60 metros valados e loitará por mellorar o seu rexistro, que actualmente se atopa nos 8:34 esta tempada, con 8.20 de MMP. Podedes seguilo a partir das 10:30 horas nas roldas eliminatorias.
Deixámosvos todos os enlaces de interés para que non perdades detalle nesta fin de semana deportiva.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
ESTAMOS CONTIGO, MIGUEL!!
![](https://www.atletismolucus.org/wp-content/uploads/2020/03/Aviso-escala-75x75.png)
![](https://www.atletismolucus.org/wp-content/uploads/2020/02/Convocatorias_Selección_Galega_Campoatravés-75x75.jpg)