III MEDIO MARATÓN CIDADE DE LUGO (domingo 12 maio 2019)

Nesta fin de semana disputarase o esperado III MEDIO MARATÓN CIDADE DE LUGO na mañá do domingo 12 de maio. Esta nova edición, que ten como madriña á atleta olímpica Alessandra Aguilar, dará comezo ás 10:00 horas nas inmediacións da Praza da Horta do Seminario.

No circuíto, que percorrerá aproximadamente 21 km pola cidade lucense, poderán participar todas as persoas maiores de 18 anos –desde a categoría senior ata a máster– e conseguir os distintos premios económicos e trofeos que ofrece a organización, ademais da medalla finisher e camiseta para todas e todos os corredores que rematen a carreira cruzando a liña de meta. O evento, organizado por El Progreso en colaboración co Concello de Lugo, terá carácter solidario, pois doarase 2,00€ por cada inscrición na carreira en favor de UNICEF Comité Español. 

Se non o fixestes, aínda estades a tempo de inscribirvos e participar! Recibiredes como obsequio unha bolsa de benvida ao recoller o voso dorsal na que se inclúe o chip, información da carreira e varios regalos como vales desconto e accesorios de deporte. Tedes toda a información detallada na páxina web do Medio Maratón, na súa páxina de Facebook e en ChampionChip Norte, desde onde debes facer a inscrición. Deixamos tamén á vosa disposición o ➤ regulamento con toda a información técnica relativa á carreira.

IMPORTANTE! Lembrade que este VENRES 10 DE MAIO terá lugar unha charla-coloquio con Alessandra Aguilar, Abel Antón e Fermín Cacho como protagonistas, unha oportunidade única de escoitar de primeira man as experiencias e os consellos de tres atletas olímpicos. Será a partir das 19:30 horas no local Afundación de ABANCA situado na Praza de Santa María, en Lugo.

Desde o Club animámosvos a acudir a esta gran data e a participar como voluntarios e voluntarias na xornada do domingo, colaborando coa organización do evento e dando apoio ás e aos participantes nesta especialidade do atletismo. CONTAMOS CON VÓS!!
Non esquezas compartir en...
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on whatsapp
Whatsapp
Share on email
Email
Share on google
Google

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *