RESULTADOS da CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE SANTIAGO (domingo 27 outubro 2019)

O pasado domingo 27 de outubro a capital galega acollía a XLII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE SANTIAGO, nunha nova edición que contaba con numerosa participación e un ambiente do máis animado entre o público, facendo da carreira unha experiencia inesquecible.

A partir das 10:00 horas daba comezo a proba absoluta, cun percorrido total de 12km polas rúas da cidade na que os e as atletas do Lucus Caixa Rural Galega non perderon a oportunidade de tomar parte. O primeiro en cruzar a liña de meta sería Esteban Iglesia, rexistrando un tempo total de 00:39.42 que lle daba o oitavo posto absoluto e a medalla de ouro na súa categoría. A dous postos del cruzaría Nicolás Arrojo, facéndose coa medalla de bronce por categoría cun tempo de 00:40.04. Xabier Rodríguez sería o oitavo da súa categoría, finalizando o percorrido en 00:43.48 minutos; mentres que Gerardo Raposo lograría un tempo de 00:52.20, pechando a participación masculina do Club. En canto ás mulleres, no quinto posto absoluto cruzaba a meta Laura Santos, cun rexistro de 00:45.46 co que obtiña a medalla de ouro na súa categoría. Rosalía Rodríguez-Gigirey finalizaba en 00:54.30, quedando sétima por categoría; e a medalla de bronce sería para Carmen Novo, logo de rematar terceira na súa categoría detendo o cronómetro nos 01:09.13.

Xa na proba escolar de categorías menores, que daba comezo ás 11:30 horas e pecharía a xornada, participaban Rubén Darriba e Carla Díaz, nunha carreira de 7km en total na que o primeiro deles remataba co quinto posto e un tempo de 00:29.07; mentres que a segunda acababa entre os dez primeiros postos, cun cronómetro de 00:35.07.

Imaxes tomadas de ©ElCorreoGallego e ©RunPhotosGalicia.

Grande noraboa a todas e todos os participantes!
Non esquezas compartir en...
Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on whatsapp
Whatsapp
Share on email
Email
Share on google
Google

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *